Sección - Jean Seberg e as Panteiras Negras
ProcastiNation - A podcast by Bocachanclas Productions
Categories:
Jean Seberg, nada en Marshalltown, Iowa o 13 de novembro de 1938 e finada en París o 30 de agosto de 1979, foi unha actriz estadounidense, lembrada pola súa participación en numerosos filmes como Saint Joan (1957), Bos días tristeza (1958), O final da escapada (1960) e Lilith (1964). Seberg faleceu aos 40 anos en París, vítima dunha sobredose de barbitúricos; a policía determinou que a actriz se suicidou. Seberg tamén é coñecida por ser unha vítima do Programa de Contraintelixencia do FBI, como unha represalia polo seu apoio a distintos grupos de dereitos civís durante a década de 1960.